publicidade hoxe

Cedeira conclúe as obras de ampliación do parque infantil da praza do Sagrado Corazón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, anunciou esta mañá o remate dos traballos de ampliación e mellora do parque infantil ubicado na praza do Sagrado Corazón de Cedeira. Así mesmo, a pasada semana operarios municipais concluían as obras de construcción dunha rampa de entrada á praza, coa que se mellorará a accesibilidade a este céntrico espazo urbano.

O edil lembrou que nos últimos tempos a zona de xogos estábase a quedar pequena para dar resposta á demanda. E, por isto, o Concello decidía manter todos aqueles elementos que cumplían coa normativa e engadir outros para ampliar as posibilidades de xogo dos máis pequenos da casa. Nesta liña, a actuación contemplou a instalación dunha gran infraestructura para trepar e un aparato multifuncional con circuito e pasarela, ao tempo que gañaba metros á área que ocupa o parque. A actuación contou cun orzamento de 21.453 euros, que se financiaron con fondos propios municipais.

Así mesmo, operarios municipais remataron a construcción dunha rampa de acceso na parte máis próxima á praia da Magdalena. Actuación que responde ao compromiso do goberno municipal por favorecer a mobilidade de persoas con diversidade funcional e tamén dos maiores.

24 de febreiro de 2015 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.