publicidade hoxe

Catrocadeiras presenta no Carballiño a obra teatral “O Feo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Carballiño
A-
A+

A compañía Catrocadeiras representará o espectáculo teatral “O Feo” o vindeiro  sábado, 28 de febreiro, ás 20,30 h no Auditorio do Carballiño. A entrada custa 5 euros.

CATROCADEIRAS

CATROCADEIRAS é unha compañía de nova creación formada por catro titulados da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e unha actriz formada en Madrid, nas escolas La Cuarta Pared e na Escuela de Teatro de Mar Navarro y Andrés Hernández.

Catro Cadeiras articulamos a nosa estratexia creativa a partir das seguintes premisas de traballo:

·  Aposta pola escenificación de dramaturxias contemporáneas.

·  Posta en valor da linguaxe especificamente teatral.

·  Baseamento das nosas propostas escénicas no traballo actoral.

SINOPSE:

Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apracible e sen sobresaltos. Mais un día descubre unha terrible verdade: é espantosamente feo.

Así comeza O Feo, unha comedia do recoñecido autor alemán Marius Von Mayenburg, que dun xeito divertido e mordaz, convida a reflexionar acerca do que realmente nos define como persoas hoxe en día.

24 de febreiro de 2015 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.