Catro buques fan escala na terminal Ro-Ro do Porto de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Escala de buques no porto de Vigo

Escala de buques no porto de Vigo

A Terminal Ro-Ro do Porto de Vigo moverá ao longo da xornada de hoxe un total de 4.256 vehículos, 131 semirremolques e 9 cabezas tractoras. En total, foron catro os buques que fixeron escala en Bouzas. Tres deles, o CSAV Rio Aysem, La Surprise e o Spica Leader, arribaron ás 08.00 horas.

Durante a súa estanza na Terminal de Transbordadores de Bouzas, o CSAV Rio Aysem embarcou 722 coches e 27 semirremolques con destino a Chile e Perú. Pola súa banda, La Surprise desembarcou 23 coches, 74 semirremolques e 9 cabezas tractoras, tras o que embarcou outros 680 vehículos e 30 semirremolques rumbo a Saint Nazaire. Mentres tanto, o Spica Leader cargaba á mesma hora un total de 900 coches con destino Sherness e outros 500 rumbo a Zeebrugge.

O último en chegar foi o Jupiter Leader. Fíxoo ás 14.00 horas, momento no que atracou nos peiraos de Bouzas. Este último desembarcou 296 coches procedentes de Zeebrugge e embarcou outros 467 con destino Italia e 698 a Turquía.

En cifras globais, a Terminal Ro-Ro do Puerto de Vigo moveu un total de 4.256 vehículos, dos que 3.937 foron exportados dende os peiraos olívicos, ademais de 131 semirremolques e 9 cabezas tractoras, o que demostra, unha vez máis, a capacidade operativa da dársena viguesa neste tipo de operativas de mercadoría de gran valor económico.

23 de febreiro de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.