Catro atletas da Sociedade Ximnástica participarán nos nacionais de pista cuberta coa categoría promesa
Dentro de 10 días comezarán os Campionatos de España individuais de pista cuberta, coa categoría promesa (22, 21 e 20 anos), en Antequera (Málaga); xa son 4 os atletas da Sociedade Ximnástica os que conseguiron a mínima de clasificación; Gonzalo Sánchez-Camacho, Orballo Rodríguez, Manuel Molinos e Alberto Guerrero.
O seguinte fin de semana, o 21 e 22 de febreiro, de novo en Antequera disputarase o absoluto; no que Manuel Molinos e Alberto Guerrero, tamén teñen a mínima e aos que se lles sumaran, Alberto Salcedo, Julián Ortiz, Lysvanys Pérez e David Martínez.
Xa no mes de marzo, e a partir dos días 7 e 8, en Valencia celebrarase o da categoría júnior. 7 días despois será a quenda para o xuvenil en San Sebastián e o seguinte fin de semana o Cadete en Sabadell na categoría Júnior, xa están clasificados, Jorge Puig e Darío Costas.
Dos xuvenís do equipo pontevedrés, Ángel Vargas xa acredita a marca para participar.
No que pechará a tempada baixo teito, o cadete, aínda non hai atletas clasificados.
Hai tempo para conseguir o rexistro acreditativo, xa que o fin de semana anterior de cada Campionato, é a última oportunidade para alcanzar o rexistro necesario; polo que máis atletas poden engadirse a esta lista. O ano pasado a Sociedade Ximnástica sumou 5 medallas nos Campionatos de España individuais de pista cuberta, ademais doutros 5 postos de finalista (do 4º ao 8º). Aínda é pronto para valorar o que se pode realizar nestes dous meses, pero será complicado igualar estes resultados.











