Cangas renovará o convenio coa Xunta para a financiación dos comedores escolares
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asina cada 2 anos cos concellos das 4 provincias galegas os convenios de colaboración para a xestión dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios, ao obxecto de que as familias poidan dispoñer dun servizo axeitado de comedor suficiente para a demanda existente de usuarios/as.
No mes de xuño de 2015 remata a vixencia do actual convenio asinado co Concello de Cangas, que desde o ano 2013 permitiu acoller a 121 usuarios/as nos centros escolares de A Rúa, Cangas, Espiñeira e Hío.
O Concello de Cangas entende que a sinatura deste novo convenio de colaboración para os cursos 2015-2016 e 2016-2017 é necesaria para dar continuidade ao servizo, polo que comunicará nos próximos días o seu interese en volver a firmar o convenio coa Conselleria e comunicará as variacións que existisen con respecto a anos anteriores como sucede co número de beneficiarios que que pasará de 121 a 150 usuarios/as nos mesmos centros escolares (CEIP A Rúa, CEIP Cangas, CEIP Espiñeira e CEIP Hío).











