publicidade hoxe

Cangas contratará a 34 traballadores con cargo ao plan de conservación de bens e servizos municipais da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Concello de Cangas poderá dispoñer de 34 novos traballadores grazas ao “Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2015” levado a cabo pola Deputación de Pontevedra coa finalidade de asegurar a prestación integral e axeitada dos servizos de titularidade municipal na totalidade do territorio provincial. Así pois, Cangas contará con 30 peóns (agrícolas, varredores, limpador,…), 1 condutor para a brigada de obras, 2 conserxes e 1 FP2 en Turismo. O número de traballadores concedido está en función da poboación.

A selección de persoal para cubrir estas prazas será levada a cabo polo Servizo Público de Emprego entre persoas desempregadas non preceptoras de ingresos ou preceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA, RAE e PREPARA). As contratacións deberán formalizarse entre o 1 de abril ao 30 de setembro de 2015.

Estes traballadores terán un contrato laboral a tempo parcial en xornada ordinaria de 25 horas semanais, durante 6 meses de duración e desenvolveran tarefas de interese xeral e indispensables para o bo funcionamento da comunidade e o benestar dos veciños.

A invesrión total da Deputación neste Plan, será para o Concello de Cangas por valor de 142.183,92 euros.

17 de febreiro de 2015 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.