publicidade hoxe

Cangas acollerá o Campionato Galego Promesas de Taekwondo 2015 o sábado 28

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Campionato Galego Promesas das categorías cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate reunirá o sábado 28 de febreiro no pavillón do Gatañal (Cangas) a 380 deportistas pertencentes a clubs de toda Galicia. Poderán participar neste campionato, organizado polo club Sares TKD de Cangas en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo, aqueles deportistas que non sexan medallistas en campionatos galegos e estatais. Tamén quedan excluídos aqueles taekwondistas que foron membros da selección galega nunha competición oficial. O torneo, no que se utilizarán petos electrónicos, comezará ás 10:00 horas e rematará ás 19:00 horas. O Gatañal leva, con este, seis anos acollendo este torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción do deporte base, darlle continuidade a deportistas que aínda non se incorporaron á selección galega e promover o salto de categorías. O torneo conta co patrocinio da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

26 de febreiro de 2015 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.