Campaña de San Valentín na praza de abastos de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Dende a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, poñemos en marcha esta campaña coa intención de premiar a fidelidade dos clientes. Por este motivos, durante esta semana repartiranse entre tod@s @s praceir@s asociad@ preto de 10.000 rifas numeradas. Os clientes deberán conservar a súa rifa numerada e se esta coincide co número que se extraia do sorteo que se efectuará o vindeiro 17 de febreiro ás 10 horas, gañará unha das 3 ceas para dúas persoas que se celebrarán no Restaurante A Lonja Vella. Os números gañadores, publicaranse nas redes sociais, na web e na propia praza e os clientes disporán ata o 28 de febreiro para reclamar o premio.

9 de febreiro de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.