publicidade hoxe

Brión renova o convenio coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o programa “Vacacións en paz”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para apoiar o programa “Vacacións en Paz 2015”, consistente en sufragar os gastos derivados dos billetes de avión de nenos e nenas saharauís que visitarán Brión durante os meses de xullo e agosto, evitando así as temperaturas extremas que se acadan durante ese tempo nos campamentos de refuxiados e facilitándolles alternativas de ocio e tempo libre con familias do municipio. Un convenio que suporá unha achega do Concello de Brión de 2.670 euros.

A sinatura deste convenio tamén supón a designación da técnico de Intervención Familiar de Brión, Pilar Martínez Vaqueiro, como encargada de desenvolver o programa no municipio. As familias de Brión que estean interesadas en participar neste programa só teñen que poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais.

17 de febreiro de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.