Boa bagaxe dos atletas da Sociedade Ximnástica nas últimas competicións
Os últimos días resultaron propicios para os atletas pontevedreses con boas marcas. En Valladolid, Alejandro Otón mellorou a súa marca da tempada nos 60 metros valos con 8.49 e Manuel Molinos fixo a súa última actuación antes do nacional promesa, con 2.05 no salto de altura.
En Antequera os ximnásticos déronnos grandes alegrías. Alberto Guerrero correu por debaixo do 1.50 nos 800 metros, con 1.49.77, nunha gran serie na que Kevin López fixo a mínima para o europeo de pista cuberta. Lysvanys Pérez volveu mellorar o record da Sociedade Ximnástica no salto de altura, con 2.12 e Alberto Salcedo impúxose no dobre hectómetro con 21.51.
En Valencia, Sergio García fixo a marca de cualificación para o nacional absoluto baixo teito, con 1.52.38 e David Martínez, marca da tempada nos 3.000 metros, con 8.09.4 e tamén marca mínima; demostrando que pode ser un dos puntais do equipo pontevedrés, para defender a medalla de prata do nacional por Clubs, de cross curto.











