publicidade hoxe

Benestar adxudicará as obras da residencia para persoas maiores de Paradela este trimestre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoParadela
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Paradela

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Paradela

A Consellería de Traballo e Benestar estima que as obras da residencia para persoas maiores dependentes de Paradela poidan comezar no segundo trimestre deste ano. Así llo trasladou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, ao alcalde da localidade, José Manuel Mato, nunha xuntanza que mantiveron en Lugo.

Mato explicou que o prazo para presentar as ofertas para esta obra xa rematou, despois de que a licitación saíra publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado mes de decembro, e, polo tanto, agora se procederá á apertura das propostas presentadas para adxudicar os traballos o antes posible. Estímase que a duración das obras sexa de 18 meses aproximadamente.

A Consellería de Traballo e Benestar investirá neste proxecto máis de 1,6 millóns de euros. A residencia ofertará 24 prazas e será ampliable ata 48, segundo se recolle no proxecto. O servizo social emprazarase na rúa Cabaleiro de Santiago e contará cunha superficie construída de máis de 1.500 metros cadrados. A actuación tamén incluirá a urbanización da parcela, incluíndo o aparcadoiro, xardín e sendas peonís.

4 de febreiro de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.