Belén do Campo reúnese co decano do Colexio de Economistas da Coruña para coñecer as necesidades do colectivo

Belén do Campo na reunión co decano do Colexio de Economistas da Coruña
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo hoxe unha reunión co decano do Colexio de Economistas da Coruña, Miguel Vázquez Taín, para coñecer de primeira man as súas necesidades e establecer posibles canles de colaboración entre o goberno galego e a entidade.
No encontro celebrado na sede da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Do Campo amosouse interesada polas iniciativas deste colectivo que aglutina a 2.200 colexiados da provincia, constituíndo un dos colexios de economistas máis numerosos de España.











