Aventura pirata en AJE Pontevedra
Que mellor que compartir unha tarde de sábado cos nenos despois dunha semana de duro traballo. Dende AJE Pontevedra queren favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, por iso preparan unha tarde para os máis peques da casa. Contaran con Ramón Pedras “Petete” para contar unha grande historia, amenizada con contos, xogos e máis sorpresas. Será o sábado 7 de febreiro, ás 18.00 h. na sede de AJE Pontevedra, na 5º planta.











