publicidade hoxe

Autorízase o cambio de titularidade dun treito da estrada Caldas-Campo Lameiro a prol do Concello de Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMorañaPontevedra
A-
A+

O Consello da Xunta autorizou hoxe o cambio de titularidade dun resto da estrada Caldas-Campo Lameiro (PO-221) que vai dende o p.q. 2+840, marxe esquerda da actual, ata o entroncamento coa estrada Cuntis-Porráns (PO-226), no seu p.q. 5+310, marxe dereita, a prol do Concello de Moraña.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

A citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG), mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Corresponderanlle ao Concello de Moraña, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos terreos sobrantes, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular dos terreos.

19 de febreiro de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.