Asínase o acordo de dixitalización do epistolario e fondos documentais de Filgueira Valverde

Sinatura do acordo de dixitalización
Na mesa do que foi o seu propio despacho no Museo, acábase de asinar o acordo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Filgueira Valverde para a dixitalización do epistolario e fondos documentais de Filgueira Valverde.
Ramón Villares, presidente do Consello, e Fernando Filgueira, presidente da Fundación, asinaron o acordo en presenza da deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o director do Museo, Carlos Valle.
O Museo de Pontevedra, institución que dirixiu durante moitos anos o célebre polígrafo pontevedrés, custodia o seu rico legado documental composto por máis de 450 caixas de arquivo.











