publicidade hoxe

Asesoramento e orientación legal de iniciativas xuvenís na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaXuventude
A-
A+

O CMIX da Coruña ofrece dous novos servizos informativos para a mocidade: un servizo de asesoramento de iniciativas xuvenís e un servizo de orientación legal.

O servizo de asesoramento de inciativas xuvenís estará dispoñible no horario de atención ao público do CMIX. O servizo de orientación legal estará aberto de luns a xoves de 17 a 20 h., e permanecerá pechado no mes de agosto.

Ademais o servizo de asesoramento ás iniciativas xuvenís do CMIX xestiona a cesión de espacios a asociacions e grupos non formais no edificio Fórum Metropolitano.

Servizo de asesoramiento de iniciativas xuvenís
A través deste servizo preténdese ofrecer un servizo de asesoramiento integral a asociacións e grupos non formais de mozos. Deste xeito no CMIX poderase:
Recibir apoio durante todo o proceso de creación dunha asociación.
Ser informados sobre axudas, subvencións e de como se realizan os procesos de solicitude destas convocatorias.
Difundir a través das canles do CMIX as iniciativas de interese xuvenil realizados por estas entidades.
Ademais tamén se cederán espazos no Fórum Metropolitano a entidades xuvenís ou entidades que realicen eventos de interese xuvenil e que non teñan ánimo de lucro. Estes espazos poderán solicitarse no Centro Municipal de Información Xuvenil.

Servizo de orientación legal:
Este servizo, atendido por unha licenciada en dereito, ten como obxectivo informar de forma personalizada e gratuita sobre diversos temas de ámbito xurídico que afectan habitualmente ás persoas novas: dereitos da mocidade, como facer un recurso ou unha reclamación, temas relacionados coa vivenda, multas, etc.
Destinado preferentemente á mocidade en horario de luns a xoves de 17 a 20 h. Esta aberto todo o ano, excepto o mes de agosto.
Este servizo non inclúe, en ningún caso, defensa legal, e o usuario deberá recurrir aos servizos dun avogado/a, particular ou de oficio, cando se plantexa unha demanda xudicial.

3 de febreiro de 2015 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.