Ascensores Enor obtén o premio en prevención de riscos laborais Prever 2014
Ascensores Enor obtén este ano o galardón dos Premios Nacionais e Internacionais de Prevención de Riscos Laborais “PREVER 2014”. Estes premios entréganse anualmente dende 1998 a través do Consello Xeral de Relacións Industriais e Ciencias do Traballo, (CGRICT), os cales son un referente dentro deste ámbito tanto en España coma a nivel internacional. Este premio é concedido a entidades que destacan pola súa traxectoria e actuación no campo da Prevención dos Riscos Laborais.
Enor, conta con máis de 60 anos de experiencia e está especializada no deseño, fabricación, montaxe e conservación de equipos elevadores e portas automáticas. Ademais está especializada en ascensores para o naval, onde é líder e en equipos especiais, que exportan a todo o mundo dende a súa fábrica en Vigo.
Ascensores Enor, obtén o premio en calidade de Empresas e Institucións, en virtude dos méritos adquiridos polo seu labor en favor da divulgación e implantación da prevención dos riscos laborais. As múltiples accións que desenvolveron nos últimos anos (reunións periódicas, formación, avaliacións, implantación dunha sala da seguridade, auditorias, recoñecementos de seguridade, etc.) levaron a obter un índice de accidentabilidade practicamente nulo no último ano, o que ocasionou a obtención do devandito galardón.
Facendo fincapé na calidade dos seus servizos, Enor posúe as certificacións máis prestixiosas de calidade, seguridade e medio; entre as que se destacan certificacións como as do seu Sistema de Xestión da Calidade segundo a Norma UNE-EN-ISO 9001:2008, as do Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde no traballo segundo a Especificación OHSAS 18001:2007 e as do Sistema de Xestión Ambiental segundo a Norma UNE-EN-ISO 14001:2004.
Grazas á aposta pola innovación e a seguridade e saúde laboral, conseguiu ser líder neste sector, conseguindo certificacións como as indicadas, así como o Premio PREVER 2014.











