As rapazas Promesas da Sociedade Ximnástica fanse co título de Campioas Galegas de cross
O equipo feminino da Sociedade Ximnástica, na categoría Promesa, conseguiron a vitoria no Campionato de Galicia de campo a través, que se celebrou en Monforte de Lemos.
A mellor de todas foi Rocío Rodríguez, que entrou a segunda clasificada na devandita categoría, levándose a medalla de prata. Sara Márquez e Cristina González, completaron o equipo, sumando os 9 puntos que lles deron a medalla de ouro.
Esta foi a única medalla a nivel colectivo que sumou o equipo pontevedrés, pero a nivel individual ademais de Rocío Rodríguez, outros atletas subiron ao podio.
Barca Toba foi medalla de bronce na categoría sénior feminina e Jorge Puig tamén foi bronce na júnior masculina. Ademais estivo moi preto do podio Antonio Serrat, na categoría sénior masculino que entrou en meta en cuarta posición.











