As rapazas da Ximnástica tiran do carro no campionato absoluto de atletismo en pista cuberta
A Sociedade Ximnástica, tras varios anos, non puido volver liderar o medalleiro do Campionato de Galicia absoluto, motivado pola ausencia dos atletas importantes do seu equipo masculino que se desprazaron a San Sebastián para disputar a Copa do Rei.
Nestas condicións foron as integrantes do seu equipo feminino as que conseguiron a maioría das medallas para a entidade pontevedresa, con 5 metais dos 7 que se sumaron.
Rocío Rodríguez, foi a única gañadora do equipo lerezano ao impoñerse na carreira de 1.500 metros, cun rexistro de 4.45.96.
Conseguiron medalla de prata Barca Toba nos 3.000 metros e Clara Gil no salto con pértega, unha proba na que tamén subiu ao podio a súa compañeira Inés Martínez que foi bronce; Sandra Carballo conseguiu a quinta medalla no lanzamento de peso, cun bronce.
Os outros dous metais foron para o xuvenil Ángel Vargas que conseguiu a súa primeira medalla nun autonómico absoluto, nos 400 metros cunha prata e David Rocha, cun bronce no lanzamento de peso.
Tamén se celebrou simultáneamente o Campionato promesa, onde a Ximnástica conseguiu 8 preseas, 3 oros, 4 platas e 1 bronce. Paula Martín foi a máis laureado con 4 metais, ouro no salto de lonxitude e prata no salto con pértega e nas carreiras de 50 metros e 200 metros. Inés Martínez acumulou dúas medallas, ouro no salto con pértega e prata no salto de altura. Rocío Rodríguez, ademais de gañar a proba absoluta, levouse o ouro no campionato promesa de 1.500 metros e Cristina González non a deixou soa no podio, recollendo a medalla de bronce dos 1.500 metros.
MEDALLEIRO ABSOLUTO
1. Rocío Rodríguez 1.500 m.l. 4.45.96
2. Barca Toba 3.000 m.l. 10.43.87
2. Clara Gil pértega 3.12
2. Ángel Vargas 400 m.l. 51.64
3. David Rocha Peso 12.88
3. Inés Martínez Pértiga 3.02
3. Sandra Carballo Peso 10.38
MEDALLEIRO PROMESA
1. Rocío Rodríguez 1.500 m.l. 4.45.96
1. Inés Martínez Pértiga 3.02
1. Paula Martín Longitud 5.00
2. Paula Martín 50 m.l. 7.46
2. Paula Martín Pértiga 2.42
2. Paula Martín 200 m.l. 28.63
2. Inés Martínez Altura 1.52
3. Cristina González 1.500 m.l. 5.01.90











