As condicións climatolóxicas obrigan a aprazar ata o 28 e 29 de marzo a Xira Minifutsal Cup

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

A Concellería de Deportes informa que a Xira Minifutsal Cup que se ía a celebrar este fin de semana na Praza de Augas Férreas queda aplazado por motivos das inclemencias meterorolóxicas.

A xira pasará a celebrarse en Lugo a fin de semana do 28 e 29 de marzo. Ademais a empresa organizadora comunicou a todos os participantes a nova data de celebración e deixando aberto o período de inscricións.

Esta é unha competición deportiva que se diríxe a nenos e nenas de 7 a 12 anos, divididos en 2 categorías. A serie “A” para para idades comprendidas entre 7 e 9 anos e a serie “B” para os que teñan de 10 a 12 anos.

O evento desenvolverase na praza de Augas Férreas, onde se instalará un parque de 3.000 m2 con zonas de competición e de entretenemento tanto para os nenos e nenas como para os seus acompañantes.

6 de febreiro de 2015 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.