Apertura do prazo para solicitar a participación na XIII Feira Medieval

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O concello de Monforte fai publicas as bases que rexerán a solicitude de participación na XIII Feira Medieval que se celebrará o sábado día 4 e o domingo día 5 de abril. As bases recollen os pasos a seguir no procedemento de solicitude, comezando pola documentación que se debe achegar e seguindo polas datas de publicación da listaxe de admitidos/as e a maneira de facer efectiva a cota de inscrición.

O documento tamén recolle diversos aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos, a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo ou os horarios de apertura.

Segundo se especifica nas citadas bases, ás 14:00 h do día 9 de marzo remata o prazo de inscrición, e o 12 de marzo publicarase na páxina web municipal a listaxe de admitidos, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo da inscrición.

O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño.

A organización da XIII Feira Medieval admitirá tres modalidades de solicitude de postos: alimentación, artesanía, e comercio.

A organización dará prioridade ás solicitudes de vendedores/as de Monforte.

As persoas interesadas en participar deben dirixirse á oficina da técnica de emprego situada nas Casiñas da Compañía ou chamar ó teléfono 982 884 775.

19 de febreiro de 2015 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.