Apertura do prazo para presentar ofertas ás obras de pavimentación de rúas do Ceao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Infraestruras e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, comunica a apertura do prazo para a presentación de ofertas ó procedemento que convoca o Concello para realizar as obras de pavimentación das rúas do polígono industrial do Ceao.

O prazo para que as empresas presenten as súas ofertas abrirase mañá, unha vez que o Boletín Oficial da Provincia publicou este martes o anuncio de licitación, e prolongarase durante 26 días naturais. O procedemento de adxudicación é aberto

O proxecto de pavimentación nas rúas do polígono industrial do Ceao conta cun presuposto máximo de licitación de 793.500 euros, IVE incluído, e un prazo para a execución da obra de catro meses.

24 de febreiro de 2015 | 20:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.