publicidade hoxe

Apertura do prazo de solicitude de praza nas escolas infantís de Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A partir de mañá e ata o próximo 23 de marzo está aberto o prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso. Este período é válido tanto para a reserva de praza, para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas, como para as solicitudes de novo ingreso.

Para ampliar calquera tipo de información, as persoas interesadas deben acudir á escola infantil do Concello de Oleiros que sexa a súa primeira preferencia: A Pardela, As Galeras, A Canteira ou A Braña. Nos propios centros facilitarase toda a información necesaria así como os impresos e a documentación. Ademais pódese atopar toda esta información ampliada nas seguintes páxinas web:

http://www.igualdadebenestar.org

http://www.escolasinfantis.net

23 de febreiro de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.