Apertura da fase de audiencia previa á disolución da Cámara de Comercio de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A Xunta abriu a fase de audiencia aos interesados previa a ditar o acordo de inicio do procedemento de disolución da Cámara de Comercio de Ferrol, segundo publica este martes o Diario Oficial de Galicia (DOG). A resolución, figura no apartado de anuncios da Administración autonómica, e nel a Consellería de Economía e Industria informa de que o expediente poderá ser consultado nos próximos 10 días na sede da propia cámara ou nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio.

Con data do pasado 17 de febreiro, a resolución desta dirección, órgano “tutelante”, destaca que “estende” a consulta previa prevista na lei de cámaras oficiais de comercio “dando audiencia a todos os posibles interesados para que poidan examinar o expediente e realizar as alegacións que xulguen oportunas”.

En concreto, faino baseándose na lei de 2004 das cámaras oficiais que foi modificada pola norma de 2014 de medidas fiscais e administrativas.

A apertura esta etapa de consultas responde a que se trata dunha corporación representativa dos intereses empresariais, apunta o Goberno galego, que pretende, segundo subliña, “garantir, en todo caso, o respecto á vontade do empresariado”.

Para iso, o expediente poderá consultarse no prazo dos 10 días seguintes a esta publicación na sede da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol ou nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio, no edificio administrativo de San Caetano.

DIFICULTADES ECONÓMICAS

As dificultades económicas que atravesan as cámaras de comercio teñen a súa orixe na eliminación da cota que ata 2010 pagaban as empresas.

En Galicia hai sete cámaras, incluída a de Ferrol. Xunto a esta última, a de Lugo é a que rexistra maiores problemas debido á débeda acumulada.

24 de febreiro de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.