Andaina polo roteiro do Arnoia o vindeiro 7 de marzo en Ourense
A primeira andaina tivo lugar o pasado 21 de febreiro cunha especial ruta interpretativa que congregou a máis de 160 persoas interesadas en percorrer os trece quilómetros entre o Castelo de Santa Cruz e a Fortaleza de San Lourenzo de Goián (Tomiño).
A nova cita será o 7 de marzo e os participantes desprazáranse ata a provincia de Ourense para percorrer os 14 quilómetros do Roteiro do Arnoia no concello de Cortegada.
A ruta guiada por Ramón Varela comeza na aldea de Escudeiros seguindo o trazado sinalizado pola Asociación Santa Bárbara. Os dous primeiros quilómetros destaca por que se percorre un antigo canal de auga xa en desuso e o resto transcorre por monte e algunha aldea ata chegar ó Santuario de Nosa Señora do Val no medio dunha zona boscosa.
Hai prazas libres polo que os interesados en participar poden contactar coa Oficina de Turismo no tel. 986 614 546 ou en turismo@aguarda.es
Punto de partida: Explanada da Sangriña
Hora de saída: 8:30 h
Hora estimada de chegada: 18:00 h











