Alfonso Rueda reúnese en Santiago co novo cónsul de Romanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Alfonso Rueda na reunión co cónsul de Romanía. Foto: X. Crespo

Alfonso Rueda na reunión co cónsul de Romanía. Foto: X. Crespo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu esta mañá en San Caetano ao cónsul de Romanía para o Norte de España, Marian Popescu.

O encontro enmarcase dentro da rolda de visitas do diplomático ao Goberno galego, que xa visitou á conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato, para abordar diversas liñas de colaboración no ámbito social.

Marian Popescu foi nomeado a finais de 2014 e a súa circunscrición abrangue as comunidades autónomas de Galicia, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Cantabria e Asturias.

13 de febreiro de 2015 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.