Agustín Hernández, do PSOE, opta á alcaldía de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Europa Press

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Pontevedra, Agustín Hernández, presentou á asemblea socialista unha lista de “renovación” formada por “profesionais e xente nova moi conectada coa cidade”. Séguenlle, no segundo e terceiro postos, a avogada Paloma Castro Rey e o exalcalde de Fene, Iván Puentes, de 33 e 35 anos, respectivamente.

“Entre os dez primeiros da candidatura só hai tres persoas maiores de 50 anos”, sinalou o propio Hernández, quen destacou a presenza de persoas que están “na trintena, con espírito e ganas de achegar novas ideas”.

Neste sentido, o cabeza de lista mostrouse “orgulloso” do seu equipo, formado por “xente valiosa e preparada para transformar o concello de Pontevedra, que está necesitado de aire fresco,” engadiu.

Para Agustín Hernández, o PSdeG-PSOE demostra que “ten banco” para combinar unha “mestura de xuventude, valores e experiencia” co obxectivo de “gobernar”.

ANTÓN LOURO, PECHA LISTA

Do actual grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Pontevedra, a concelleiro de Turismo, Carlota Román, e o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, pasaron a pechar a lista electoral nos postos 24 e 25, respectivamente.

A lista dos 10 primeiros complétase coa bióloga María del Carmen Casalderrey, o médico Jorge Nogueira, a politóloga Sara Díez, o enxeñeiro Manuel Fariña, a funcionaria Vanesa Estévez, e os profesores Roxelio Pérez e Milagros Lores.

Entre os demais compoñentes da candidatura socialista ao concello de Pontevedra tamén se encontran os deputados Patricia Vilán e Guillermo Meijón, así como o exsecretario local José Antonio García Lores.

23 de febreiro de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.