AFAL Ferrolterra inicia comeza terapias de apoio emocional para familias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A presidenta de AFAL Ferrolterra, Milagros Prieto Gondell, informou esta mañá que a asociación poñerá en marcha “Terapias de Apoio Emocional”. Unha terapia en formato grupal con familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias. A primeira celebrarase mañá martes, 10 de febreiro, e nelas poden participar socios de AFAL con familiares enfermos, acudan ou non aos centros de día xestionados por AFAL. Impartidas pola psicóloga da asociación, desenvolveranse nas instalacións da rúa Río Castro de Ferrol, con frecuencia semanal (todos os martes pola tarde, en horario de 16,30 a 17,30 horas).

Prieto Gondell explicou que a asociación quere así crear un espazo de apoio psicoterapéutico e mutuo no que se pretende favorecer o proceso adaptativo da enfermidade, a prevención de alteracións psicolóxicas como consecuencia da posición de coidador, evitar/diminuír a percepción de soidade e illamento e fomentar nos coidadores a idea de “coidarse para coidar”.

9 de febreiro de 2015 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.