Adxudícase o cambio de liñas de media tensión paralelas ao río Miñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O concello de Gondomar outorgou a Unión Fenosa a correspondente licenza para o cambio das liñas de media tensión paralelas ao río Miñor, entre a ponte da circunvalación Diego Sarmiento Acuña e a ponte da avenida do Conde. O soterramento desta liña, explica Juan Carlos González concelleiro de Medio e Servizos “é unha demanda histórica dos veciños de Gondomar”.

Segundo explica o concelleiro de Medio, esta obra poderase levar a cabo dado que o goberno municipal, observou no traballo que se está a levar a cabo nos aparcadoiros da Avenida Diego Sarmiento, a posibilidade desta canalización necesaria para o soterramento das liñas de media tensión. Outro dos aspectos que favoreceu esta acometida foi o alto grao de colaboración que nos últimos anos existe entre o goberno municipal e Unión Fenosa Distribución, sendo esta a que se comprometeu ao cambio da liña unha vez finalicen os traballos do aparcadoiro que nun principio se estima estarán rematados no mes de marzo.

O concelleiro de Medio e Servizos Juan Carlos González afirma que “o cambio desta liña terá un dobre beneficio, xa que por un lado se mellora tecnicamente a calidade da infraestrutura eléctrica e por outro lado poderase recuperar o bosque de Ribeira nesa marxe do río, que ata agora tiña que ser podado xa que o mantemento da liña así o esixía, por non dicir o desagradable impacto paisaxístico que esta infraestrutura exercía neste ámbito”.

18 de febreiro de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.