publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Actividades do mes de marzo na aula de novas tecnoloxías de Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

A aula de Castrelo de Miño, sita no edificio Castrelo.INFO en Paradela, conta co seguinte horario: de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas, sendo de 16:00 a 18:00 horario de aula aberta e adicando o horario de 18:00 a 20:00 a accións formativas.

Os cursos do mes de marzo son os seguintes:

CURSO DE INICIACIÓN A INFORMÁTICA (NOVO GRUPO)

Luns, mércores e venres, dende o luns 2 ata o mércores 18 de marzo en horario de 18:00 a 20:00 horas.

REDES SOCIAIS

Luns, mércores e venres, dende o luns 23  ata o venres 30 de marzo en horario de 18:00 a 20:00 horas.

CURSOS ONLINE

Cursos ofertados pola rede CeMIT mediante teleformación. Para matricularse é suficiente con pasar  pola aula ou enviar un correo electrónico a dinamiza@castrelo.org, máis non é necesario realizalos desde a aula. 

NON se dan diplomas.

Como manexar os  nosos  datos  persoais

Prevención de riscos laborais no uso das TIC

Sribus: Elaboración de carteis e folletos 

AbanQ: Xestión empresarial

Audacity: edición de son

Klavaro: mellorar mecanografía

Openshot: edición de vídeo

Xogos  de adestramento mental

19 de febreiro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.