A xuíza rexeita o sobresemento provisional da causa contra o edil socialista da Coruña, José Nogueira
A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, a xuíza Pilar de Lara, rexeitou o sobresimiento provisional da causa contra o concelleiro socialista no Concello da Coruña José Nogueira, imputado pola ‘Operación Pokémon’, que investiga a suposta adxudicación irregular de contratos ao grupo Vendex, segundo recolle un auto.
Nogueira, -que renunciou a integrar de novo a candidatura dos socialistas coruñeses nas próximas eleccións municipais- interpuxera recurso de reforma contra unha providencia, de agosto de 2014, reclamando o sobresemento da causa respecto á súa imputación por un delito de tráfico de influencias.
No seu auto, a xuíza sostén que “existen indicios que fan presumir” que o delegado de Vendex en Galicia, José María Tutor, “entregou diñeiro, polo menos 2.000 euros en efectivo” ao edil socialista “sen causa lícita coñecida”.
“Iso á marxe doutras condutas igualmente en fase de investigación, tales como a petición de retirada de aviso de denuncia”, sinala a xuíza que remarca a condición de tenente alcalde de Contratación do Concello de A Coruña de José Nogueira cando se adxudicaron, co bipartito, contratos a Vendex e a súa “intervención” en relación con un destes contratos no centro Ágora.
Concretamente, afirma que, das intervencións telefónicas, así como dos efectos incautados nas dilixencias de entrada e rexistro, “existirían indicios” para considerar que Nogueira “facilitaría a José María Tutor, información privilexiada acerca dos pregos, cando aínda non foran publicados, así como acerca das ofertas das demais empresas, influíndo na adxudicación de tales concursos ás empresas representadas por aquel”, engade.
“FAVORES” DE TITOR
Por estas cuestións, considera que “non procede acordar o sobresemento provisional, siquiera parcial” polo presunto delito de trafico de influencias.
Nas súas conclusións, alude “á súa actuación a propósito dos concursos investigados relacionados coa Ágora, a petición de contratación da súa irmá, así coa axuda prestada por José María Tutor ao PSOE,” ademais do diñeiro que, presuntamente, recibiría Nogueira.
“É lóxico pensar que tales favores de persoal e metálico non se realizaron sen ningún ánimo de lucro senón coa intención de obter algún beneficio a cambio, máxime se temos en conta que presuntamente Vendex satisfixo cantidades de diñeiro a distintos partidos políticos, polo que non se fai por simpatía a ningunha ideoloxía política”, engade a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.
REVELACIÓN DE INFORMACIÓN PRIVILEXIADA
Tamén remarca que o feito de que, finalmente, Vendex non contratase a súa irmá “non exonera” o concelleiro socialista de responsabilidade penal.
Por outra banda, apunta, sobre o contido do recurso, que “nesta fase indiciaria non procede efectuar unha cualificación xurídica definitiva dos feitos investigados, os cales tamén poderían ser constitutivos dun delito de revelación de información privilexiada”, engade.











