A Universidade da Coruña colabora no lanzamento da primeira revista do deporte escolar galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

Os profesionais do deporte lanzan o primeiro número da 1º Revista Científica do Deporte Escolar, a Educación Física e a Psicomotricidade de Galicia, unha revista editada por Sportis. Formación Deportiva e a Universidade da Coruña.

A revista con título internacional Sportis. Scientific Technical Journal of School Sport, Physical Education and Psychomotricity publicará 4 números anuais que recollerán investigacións realizadas no ámbito do deporte escolar e a educación física. A subscrición a esta é completamente gratuíta e os artigos están accesibles para todo o mundo a través dun sistema de sofware libre aberto (Open Journal System, sistema utilizado polas principais revista científicas como Nature, The Lancet, etc.) que asegura a difusión científica.

O Comité Editorial o conforman 22 expertos, docentes de universidades de diferentes países, entre eles: Australia, Romanía, Inglaterra, Portugal, Brasil, México, Perú, Cuba…

A revista está indexada nas principais bases de datos internacionais, tales como Dialnet, Latindex, Dulcinea, entre outros directorios.

O obxectivo desta revista é asegurar a difusión e intercambio de coñecemento e estimular a investigación no ámbito do deporte escolar, educación física e psicomotricidade.

19 de febreiro de 2015 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.