A unha semana da nova edición de Ponte Jam
O próximo 28 de Febreiro, sábado, de 09.30 a 20.00 h., terá lugar, nas instalacións de Espazo Arroelo (R/ Michelena 11, 3, Pontevedra), unha nova edición de ponte Jam, un evento internacional de deseño de servizos que se celebra o mesmo fin de semana en distintos países. Sobre a base dun reto común, o obxectivo é que as persoas participantes creen novos servizos, ideas e prototipos destes cos que xerar unha pequena (ou grande) diferenza no mundo.
Quen pode participar?
A ponte Jam é unha actividade aberta a todas aquelas persoas que queiran participar (profesionais, estudantes, novos, empresarias/os, etc), sen un límite de idade, ata completar o total de 35 participantes.
As persoas interesadas poden inscribirse a través de Ticketea.
Obxectivos
– Potenciar a capacidade creativa para a resolución dun reto común aplicando ferramentas enfocadas a fomentar a innovación.
– Adquirir coñecementos sobre novas metodoloxías relacionadas coa innovación nas organizacións dunha forma divertida, motivadora e estimulante.
– Fomentar o traballo en equipo e o networking entre profesionais.
– Xerar servizos e construír prototipos.
Espazo Arroelo, empresa organizadora da experiencia en Pontevedra, é un espazo de coworking creado en 2013, xestionado por María Pierres e África Rodríguez, que nace co fin de dar resposta á demanda dun lugar común de traballo para autónomos ou pemes.
No desenvolvemento do encontro participa un equipo multidisciplinar de mentores (Roberto Pérez Marijuán, Juan José Romero Crusat, Paloma Vuela, Diego Parajó Naveira, Raquel Pedrouso e Óscar Torres), así como as empresas e profesionais colaboradoras que forman parte de Espazo Arroelo: Sofía Martínez Rey, Zoraida Ferreras, Elefantes de Cacharraría, Til Diacrítico, María González Salvatierra, El Espejo Mágico Producciones e Les Siamoises.











