A Tradescola organiza diversas actividades de promoción da música tradicional
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, está a organizar distintas actividades para os vindeiros meses, que achegarán a música tradicional a distintos colectivos da provincia de Lugo.
Un dos obxectivos da Tradescola é normalizar e incrementar a presenza da música e da cultura tradicional galega na sociedade actual, e para conseguilo, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, exposicións, concertos, certames ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional tanto na cidade de Lugo, onde imparte aulas diariamente a máis de 250 alum@s na rúa Pintor Corredoira nº 4, como no resto de comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co mundo da música, do canto e do baile tradicional.











