A Tradescola acolleu un obradoiro de instrumentos vexetais

Obradoiro de instrumentos vexetais
A TRADESCOLA, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, impartiu no seu centro un obradoiro de instrumentos vexetais que estivo guiado polo músico e artesán Pablo Carpintero.
Os instrumentos de orixe vexetal, é dicir, aqueles construídos con elementos da natureza, como follas, canas, paus, etc. forman unha categoría de instrumentos tradicionais que poderiamos situar entre os instrumentos e os xoguetes, pois adoitaban ser feitos polos nenos con intencións lúdicas, pero ademais supuñan un xeito fácil de introducirse na música e de aprender a interpretar e manexar instrumentos sinxelos. Moitos foron os gaiteiros que empezaron tocando pipas de alcacén ou gaitas de cana e vincha de porco.
Neste obradoiro, os asistentes aprenderon a facer asubíos, carrizos, gaitas de alcacén, canta galos etc…











