A solidariedade dos ferroláns permite ao banco de alimentos distribuír produtos a máis dunha vintena de entidades da comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Rey Varela na visita ao Banco de Alimentos

Rey Varela na visita ao Banco de Alimentos

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e a concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, comprobaron esta mañá de primeira man o funcionamento da delegación na cidade do Banco de Alimentos Rías Altas, trala súa primera visita ás instalacións o pasado mes de novembro coincidindo coa Operación Quilo. Durante este tempo, e despois do asentamento loxístico, a delegación asentada na cidade naval xa está distribuíndo alimentos a máis dunha vintena de entidades e ONG´s de Ferrol e comarca.

Durante a visita ás instalacións situadas no polígono da Gándara, Jose Manuel Rey agradeceu o traballo da Área de Benestar Social, da directiva do Banco de Alimentos e os vinte voluntarios que “se preocupan de que a solidariedade de todos os ferroláns chegue ás entidades de Ferrol e comarca”. As entregas de alimentos ás diferentes entidades comezaron o pasado martes, día 3 de febreiro; e a partir de agora, cada unha das entidades recibirá produtos cada 15 días. Estas instalacións asentadas nunha nave do polígono industrial e de servizos da Gándara, distribúen produtos a entindades e ONG´s non soamente da cidade senón de toda a comarca, prestando así un servizo de ámbito supramunicipal.

Así as cousas, as entidades e ONG´s de Ferrol e comarca ás que da servizo a delegación ferrolá do Banco de Alimentos son as seguintes: Asfedro; Asociación Aspromor; Asociación Dignidade Galicia; Cáritas Cedeira; Cáritas Nosa Señora das Angustias; Cáritas Nosa Señora do Pilar; Cáritas Nosa Señora do Rosario; Cáritas San Julián/Nosa Señora do Socorro; Cáritas San Paulo de Catabois; Cáritas San Xiao (Narón); Cáritas San Xoán de Filgueira; Cáritas Serantes, Covas, San Xurxo e Esmelle; Cáritas Santa María de Catanza; Cáritas Santa Mariña do Vilar; Cociña Económica; Concello de Mugardos; Dios y Pan; Esclavas do Santísimo e da Inmaculada; Fundación Adra (Ferrol); Parrroquia de San Julián (Ferrol); Remar (Ferrol); Residencia de Ancianos San José (Narón); e Residencia Nosa Señora das Virtudes (Pontedeume).

10 de febreiro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.