A Sociedade Ximnástica acode aos últimos Campionatos de Galicia da tempada en pista cuberta
Celébranse este fin de semana, no Pazo de Deportes de Riazor, en Coruña, os últimos Campionatos de Galicia da tempada de pista cuberta, o sábado competirá a categoría cadete e o domingo será a quenda para os veteranos.
A Sociedade estará en ambas as dúas citas cunha nutrida representación. No Campionato Cadete, estarán doce atletas cunhas previsións de conseguir 3 medallas; María Jiménez, Pablo Tojal e Marco Martínez; sen que se nos esquece Marta Burés ou Alesandra Campo; poden estar a pelexar por un posto no podio.
Para o Galego de Veteranos estarán cinco atletas pontevedreses; o ano pasado conseguiron 8 medallas, non se espera que alcancen de novo esta cifra pero pódese estar moi preto xa que algúns dos atletas participarán en varias probas.
Non hai que esquecerse outro Campionato de Galicia que se disputa o domingo, os lanzamentos longos. Por non ter cabida na competición baixo teito, celebran o seu Campionato de inverno particular. Varios atletas pontevedreses acudirán a Cangas para valorar a súa preparación de cara á tempada estival; Víctor Gallego, será a principal baza da Ximnástica, no lanzamento de disco, aínda se está a recuperar dunha lesión na súa man de lanzar, polo que a súa preparación vai un pouco lenta; Martín Brea pode acompañalo no podio.
A proba de lanzamento de xavelina, tamén está no punto de mira dos atletas pontevedreses, na proba feminina, Anxos Filgueira e Claudia Puig; poden ser medalla e nos homes; Carlos Cerviño intentará meterse entre os tres mellores.











