A selección galega faise con oito medallas no Campionato de España Sénior de Combate

Jose, Fer e Xian no podio
Galicia logrou un total de oito medallas (dous ouros, tres pratas e tres bronces) no Campionato de España sénior de combate que se disputou hoxe en Cartaxena coa participación de 250 deportistas. Con estes resultados, Galicia acadou na clasificación por equipos o subcampionato na categoría masculina, feminina e na xeral. Os ouros foron para Lúa Piñeiro e José Fernández; as pratas para Katya Calvar, Sabela López e Adrián Jiménez e os bronces para Fernando Rascado, Francisco Padín e Xián Silva.











