A Selección Galega de técnica participará no VII Open Villa de Fuente Álamo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A selección galega de técnica, formada por 34 deportistas, participará o sábado 21 de febreiro no VII Open Internacional Villa de Fuente Álamo (Murcia) cadete, júnior e sénior. É un torneo cun alto nivel competitivo xa que conta coa participación de clubs e federacións punteiras en pumses como Catalunya ou Valencia. Nas edicións anteriores participaron campións do mundo, campións de Europa e medallistas e finalistas en ambas citas, polo que os técnicos da Federación Galega de Taekwondo consideran que é un bo test para seguir medrando neste inicio de tempada.

19 de febreiro de 2015 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.