A Segunda Guerra Mundial desembarca no centro comercial As Cancelas
O centro comercial albergará unha grande exposición do conflito bélico dos anos 40 que incluirá reconstrucións de escenarios históricos, vehículos de época, carteis de cine e distintas actuacións temáticas. As Cancelas acolle dende o próximo luns unha exposición temática da II Guerra Mundial na que non faltará de nada. Está prevista a reconstrución de distintos momentos históricos, tales como a entrada dos aliados en Alemaña, o golpe á mítica Gorida do Lobo, a guerra do Pacífico ou o Desembarco de Normandía.
Estes escenarios acompañarán a unha mostra que incluirá carteis de películas dos anos 40, maquetas e obxectos orixinais da época. Expoñeranse tamén no centro ata 8 vehículos históricos entre coches de época, como o Ford M8 Greyhound blindado ou o Cadillac Fleetwood 60 Special, e motos con sidecar tales como a Zundapp KS600 da África Korps ou a BMW R75 alemá.
Ademais da mostra e as escenografías, As Cancelas programou actividades para os próximos fins de semana que comezarán o sábado 7 de marzo cun photocall no que un grupo de actores con uniformes de época pousarán nos diferentes escenarios dende as 16:00 h ata as 21:00 h. Continuarán co concerto de Los Rokin Corsarios, que compartirán o seu repertorio de cancións o sábado 14 en dous pases, un de 19:00 a 20:00 horas e outro de 20:45 h a 21:45 h, e rematarán cunha sesión de rapazas Pin-Up, que terá lugar o sábado 21 en horario de 18:00 h. a 21:00 h.











