A reforma da Praza de España esténdese a partir do luns ás vías periféricas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os traballos de reforma e mellora da Praza de España entran a semana que ven nunha nova fase. Tras iniciar as obras polo xardín propiamente dito, o luns os operarios comezarán a actuar nas vías que se van a peonalizar. Os traballos suporán cortes de tráfico en dúas rúas do perímetro da Praza e cambio de sentido da circulación noutra. O acceso a garaxes e zonas de carga está garantido.

A empresa Stradia comezará o luns a levantar beirarrúas e calzada do tramo da Rúa Covadonga que discorre paralelo á Praza de España. Esta segunda fase comeza antes de terse rematado a reforma dos xardíns debido á que o terreos atópase moi enlamado para continuar traballando nel. Para que a obra non sufra demoras, pásanse ás labores de peonalización mentres non seca un pouco a terra do xardín.

O obxecto da actuación que se inicia o luns é continuar a peonalización do centro urbano. Os traballos neste primeiro tramo implicarán que se corte definitivamente ao tráfico rodado a vía lateral onde estaba Galerías Eduardo. Só se permitirá o acceso en vehículo a usuarios de garaxes e para labores de carga e descarga. Dado que Covadonga xa estará pechada polas obras, para garantir a entrada e saída, tanto os usuarios de garaxes como os vehículos para labores de carga e descarga poderán circular en ambos sentidos polo lateral de Galerías Eduardo.

O peche ao tráfico e á salvidade para usuarios neste tramo indicarase mediante sinais informativas na confluenza con Doutor Tourón.

Como consecuencia destas obras tamén se efectuará o cambio de sentido da circulación na outra rúa lateral da Praza, de xeito que os vehículos poidan acceder a ela dende Doutor Tourón e continuar por Vicente Risco, cara Alejandro Cerecedo e entronque con Doutor Tourón, o efecto que antes se realizaba bordeando a Praza de España.

Os veciños e usuarios da contorna serán informados destes cambios mediante folletos informativos que se distribuirán polos portais de edificios e locais comerciais. As medidas xa se puxeron en coñecemento dos responsables do supermercado alí emprazado a efectos de que organicen as súas tarefas diarias de carga e descarga.

Unha ver rematada a peonalización da Rúa Covadonga, volverase a informar con antelación sobre as medidas a adoptar para continuar a actuación polo lateral de Galerías Eduardo.

4 de febreiro de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.