A proxección de “A Esmorga” abre a programación no Teatro Municipal de Tui
A proxección da película “A Esmorga” abre este venres a programación cultural deste semestre no Teatro Municipal de Tui. O filme, dirixido de Ignacio Vilar, poderá verse en dobre función ás 19h e ás 22h. Protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal e Melania Cruz está baseada na novela homónima de Eduardo Blanco Amor.
O filme realiza, ao longo de 111 minutos, unha crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga, que deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras sí e guindando coas chaves, coma para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran a súa perdición.
As entradas para esta proxección están xa á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres hora e media antes do comezo da función no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3,5€.











