A presentación do Ravachol dará paso á Festa pirata
A presentación do Ravachol desta tarde dá paso á festa pirata.
Programa
Luns, 16 de febreiro
• De 10.00 a 20.00 horas. Primeiro Campamento Urbán “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez). Teléfono: 986 851 670.
• 17.30 horas. Praza de Méndez Núñez. Obradoiro Pirata
• 19.30 horas. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Grupo Foula.
• 21.00 horas. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXIV Concurso de Murgas.
Martes, 17 de febreiro
• De 10.00 a 20.00 horas. Primeiro Campamento Urbán “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670.
• 16.30 horas. Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra.
• 17.00 horas. Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ
• 22.00 horas. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Participación das agrupacións: Asociación Combrus e Troula, e as comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Cientolos, Os Paparrulos, Amoriños de Bora, Val do Lérez, Clave de Sol, Vamos a Todo.











