A pista de xeo da Alameda contará con dúas novas xornadas de portas abertas o 4 e 9 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Concello de Santiago abrirá as portas da pista de xeo de forma gratuíta de novo os días 4 e 9 de febreiro, en horario de 16:30 a 21:30 horas. O recinto instalado no parque central da Alameda continuará aberto ata o 15 de febreiro. Fóra destes destas xornadas de balde, a entrada xeral por 57 minutos, con patíns incluídos, custa 7,5 euros e, sen patíns, 4,5 euros. A entrada xeral sen limitación de tempo custa 10 euros con patíns e 5,5 euros sen eles. Hai un prezo especial para as entradas dos escolares, a 4 euros.

Ademais, existen modalidades de desconto, coa posibilidade de adquirir unha cartilla de 10 euros que facilita rebaixas en función do número de veces que se pase pola pista; un prezo familiar para un mínimo de 3 entradas e un bono especial para evitar colas, sen límite de tempo, por 30 euros, válido para 4 entradas.

2 de febreiro de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.