A peña españolista Prone Lugo F.S.B lévase o derbi en Sarria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Bo derbi o que libraron a Peña Españolista Prone Lugo F.S. B e o Ribeira F.S. en Sarria, un partido entre dous equipos necesitados de puntos que se disputou a un alto nivel de xogo. A primeira metade desenvolveuse con gran respecto entre ambos equipos e con poucas ocasións para ambos equipos, quizais tivo máis o filial do Prone pero foron ben atalladas polo porteiro visitante, pero sería o Ribeira F.S. quen lograría adiantarse no marcador, tras unha falta executada por Cabanas que se uniu a unha desafortunada labor do porteiro local, chegando así por diante no marcador ao descanso coa mínima vantaxe para os visitantes.

A segunda metade cambiaría o guión para os intereses da Peña Españolista Prone Lugo F.S., pois os xogadores de Manu Lombardía lograrían facerse co dominio do encontro, e así no minuto 25 de partido Rubas lograba devolver a igualdade ao marcador tras un saque de esquina. Tras este gol o Ribeira F.S. buscou pechar a súa defensa e buscar as súas opcións á contra, pero o filial non cesaría no seu empeño de poñerse por diante e así logo de innumerables ocasións a falta de 5 minutos para o final Costoya lograba poñer aos seus por diante. Tras este gol o equipo visitante intentábao con porteiro xogador, pero lonxe de facer o efecto desexado custaríalle moi caro, xa que Cabanas sería expulsado por cortar un balón coa man cando o esférico ía entrar na portería dos visitantes. Esta superioridade numérica sería aproveitada pola Peña Españolista Prone Lugo F.S. B para sentenciar o partido cun gol de Diego Fente, os visitantes seguiron intentándoo co xogo de 5, pero tras unha boa defensa local Diego Fente lograba o seu segundo gol para deixar o marcador no definitivo 4-1.

3 de febreiro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.