A obra musical “La flauta mágica, variaciones de furbi” clausura a XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O próximo sábado 28 de febreiro remata a XV Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa obra musical La flauta mágica, variaciones dei Furbi e que recibiu o premio MAX 2014 ao mellor musical.

Trátase dunha adaptación da ópera de Mozart interpretada por Robert González, Queralt Albinyana, Anna Herebia, Davis Marcé, Albert Mora e Llorenç González. A Frauta Máxica é unha gran ficción simbólica que culmina nun himno de fraternidade universal e que a compañía Dei Furbi usa como fio condutor para a especulación entre o Ben e o Mal cunha mezcla de humor de alta calidade.

Para asistir á función que comeza ás 20.30 horas están dispoñibles as entradas en a través da web entradaslugo.es ou no propio Auditorio Gustavo Freire mañá venres de 18.00 ás 21.00 horas e o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Hoxe xoves a partir das 20.30 horas representarase Pluto de Aristófanes a cargo da compañía Pentación e dirixida por Magüi Mira. Conta con actores como Javier Gurruchaga, Marisol Ayuso, Marcial Álvarez, Jorge Roelas, Ana Labordeta, Juan Meseguer, Sergio Otegui, Toni Miso e Cayetano Fernández que conta a historia dunha utopía do soño do reparto xusto da riqueza e do diñeiro envolto nun bo humor ácido.

Ademais Carmen Basadre anunciou que as tapas Puro Sabor poderán seguir desgustándose por un prezo de 2 euros ata o 8 de marzo nos seguintes establecementos:

– Restaurante Campos cunha tapa de Empanada negra de mexillón en escabeche.

– Mesón de Alberto con Pasta fresca rechea de capón asado con curry.

– Taberna do España cunha tapa de Carrilleira de porco celta con emulsión de pataca.

– Restaurante Manuel Manuel coa tapa Amor…E un corno!

– Restaurante Mangiarte coa tapa Silencio de Papageno

– Restaurante La Encina con A esencia de Marivaux

– Canela Bakery Coffee cunha Tosta de verduras asadas, ollo de paspallás e xuliana de ibérico.

– Arrocería Os Cachivaches coa tapa A vinganza de Próspero.

– O Mercado Street Food cunha Fajita de lacón galego.

– Restaurante Paprica terá Lentellas con foie gras.

– Restaurante España cunha tapa Canelón de galo de curral, migas crocantes e ensalada de brotes.

26 de febreiro de 2015 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.