A nova xunta directiva de Hostalería Compostela tomará posesión o 10 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O vindeiro martes, 10 de febreiro, a partir das 10 da mañá, os 24 socios que fixeron oficial a súa candidatura para ser elexidos como novos membros da seccións de Hopedaxe e Restauración da Directiva de Hostalería Compostela van ser proclamados como membros electos e tomarán posesión dos seus cargos durante a Asemblea Xeral Extraordinaria convocada con tal motivo.

Ao haber 24 aspirantes para os 24 cargos, como resultado do consenso acadado na fase de presentación de candidaturas, onde algunhas persoas renunciaron a ser candidatos, xa non é preciso a celebración de eleccións e durante a Asemblea os candidatos van proceder a designar aos compañeiros que ocuparán os diferentes cargos das dúas seccións da Xunta Directiva.

Os candidatos que se presentaron na sección de Hospedaxe son Ghaleb Jaber, do Hotel Araguaney, Pablo Barreiro, do Hotel Los Abetos, Sara Santos, do Hotel Rúa do Villar, Carlos Tardáguila, do Hotel San Lorenzo, Alberto Pico, do Hotel Suíza, Óscar García, do Hotel Garcas, Rita Sobrado, do Hotel Real, Rosa Iglesias, da Casa da Posta, Carmen Arán, da Pensión Mafer, Francisco Sal, da Pensión Santa Rita, María Silva, do Albergue Flavia e Lucía Mirás, do Sigüeiro Hostel.

En Restauración os candidatos son Lázaro Rodríguez, do Restaurante Cre-Cotte, José Antonio Riveiro, do Restaurante Casa da Viña, Javier Iglesias, do Restaurante Solpor, Alberto Sar, do Restaurante Tropic, Germán González, do Restaurante O Celme do Caracol, Jesús Peón, do Sónar, Isabel Rodríguez, do Restaurante Santiaguiño, Natalia Devesa, do Restaurante Polígono, Juan López, do Restaurante La Cavita, Marta Leonor Varela, do Café Casino, José Ramón Seoane, do Café Bar Rakel, e Juan Carlos García, do Café Bar Nexus.

4 de febreiro de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.