A mostra homenaxe a Rosita Rañó amplíase para expoñerse no Gato Negro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A exposición fotográfica Homenaxe a Rosa Bueno chega esta fin de semana a Carril, localidade da familia Rañó. Para unha ocasión tan especial, os seus fillos, organizadores da mostra “Unha nai na fotografía” modificarán o contido da mesma co obxecto de incluír máis imaxes tomadas pola homenaxeada en Carril. A mostra poderase visitar dende o domingo, 8 de febreiro ata o 8 de marzo nos salóns do Gato Negro de Carril.

Rosita “Rañó” é unha das primeiras mulleres que se dedicou profesionalmente á fotografía en Galicia e en Vilagarcía, labor á que lle adicou toda a súa vida laboral.

Despois da súa estrea en Vilagarcía, a mostra chega agora a Carril localidade da familia Rañó, polo que un dos bloques da exposición, o relativo a imaxes sobre Vilagarcía, cambiarase por outras de Carril.

A mostra componse de algo máis de 100 fotos que abarcan a década comprendida entre principios dos anos 70 e principios dos 80. Son imaxes, todas elas, tomadas por Rosita ao longo desa etapa e nas que predominan os traballos en cor, fronte o branco e negro, xa que foi nese tempo canso a fotografía en cor empezou a introducirse en España e foi todo un furor.

7 de febreiro de 2015 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.