A I Carreira das Empresas nace cun fin solidario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A I Carreira das Empresas, convocada para o próximo 15 de marzo na cidade, comeza a sumar apoios e iniciativas solidarias. Nesta ocasión formalizaron un acordo o representante da Asociación de Xóvenes Empresarios na provincia e o de Banco de Alimentos para doar un euro da inscrición de cada corredor que atravese a meta e finalice a carreira. O acordo asínano por unha parte Lois Babarro, presidente da asociación empresarial, e Cecilio Santalices, o seu homólogo na entidade social.

Ambos os dous apuntan que o importe recadado ese día será entregado ao Banco de Alimentos ao finalizar a carreira, aproveitando o evento para facer un recoñecemento público deste colectivo ao labor da institución benéfica. Ademais de fomentar o deporte, os novos empresarios queren, en palabras do seu presidente colaborar unindo tamén empresa e responsabilidade social en iniciativas deste tipo, e decidimos comezar polo Banco debido ao gran labor que desenvolven con diferentes colectivos e que viñeron mostrando ao longo destes anos, tan difíciles para parte da sociedade ourensana”.

A inscrición para esta carreira está aberta a equipos a partir de dous compoñentes, e pode facerse a través da páxina de www.championchipnorte.com. A información completa pode consultarse no perfil de Facebook de AJE Ourense.

 

10 de febreiro de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.