A Garda Civil investiga o incendio que calcinou catro lanchas de fibra en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil investiga o incendio que na mañá deste mércores calcinou catro embarcacións de fibra no porto de Razo, no municipio coruñés de Carballo. Segundo informaron fontes do Instituto Armado, tras recibir o aviso do incendio, ao lugar desprazouse unha patrulla do posto da Garda Civil de Carballo, que investiga o sucedido.

Os Bombeiros de Carballo foron mobilizados na mañá deste mércores debido a un incendio a este incendio que queimou catro lanchas de fibra, de mediana eslora e a motor. Ás 8,30 horas, policías locais pediron axuda ao CAE 112 Galicia, que pasou aviso aos Bombeiros de Carballo, ao Servizo Municipal de Protección Civil e a Portos de Galicia.

A Policía Local asegurou que as lanchas calcinadas estaban fóra da auga, sobre o espigón. Igualmente, os axentes confirmaron que ninguén resultou afectado e que a zona foi acordoada para garantir a seguridade das persoas.

18 de febreiro de 2015 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.